InicioMedioambiente e PatrimonioAnimalistas piden protección para os animais nos espectáculos do Arde Lucus

Animalistas piden protección para os animais nos espectáculos do Arde Lucus

A lexislación local e autonómica deixa nun limbo legal a participación dos equinos en espectáculos e recreacións, ademais de permitir que as distintas administracións poidan despreocuparse do destino destes animais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pouco menos dun mes para a celebración do Arde Lucus, a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber alertan da indefensión legal dos animais que participan nesta festa, e da falta de vontade do Concello de Lugo para limitar estas recreacións. Argumentan que o goberno local debería «innovar» e prescindir dos animais, substituíndoos por outras actividades «na liña do goberno municipal da Coruña» coa ‘Feira das Marabillas’, que «restrinxiu de xeito paulatino as exhibicións con équidos e aves ata a edición do 2017».

Así, reprochan ao PSOE o «nulo traballo en materia de benestar animal» contra o aprobado polo pleno da corporación en dúas ocasións, onde se reclamaron novas ordenanzas sobre protección dos animais, «e incluso unha norma local sobre o emprego dos mesmos en actividades públicas», en clara alusión á festa antiga. Para encher o oco que deixarían as exhibicións con espécimes co reforzo das actividades para a infancia, reducindo o papel dos équidos «a pouco máis que decoración» no Arde Lucus.

O principal problema para a presencia de animais nas recreacións é a situación de desamparo legal. Estas organizacións advirten de que «non detectaron ningunha actuación» nos últimos anos dende o Concello para «esixir o cumprimento duns estándares» de benestar «por enriba dos esixidos na normativa autonómica e estatal en relación ao emprego e estancia de animais nestas festas». Baixo a actual lexislación, as diferentes administracións poden despreocuparse e ignorar as situacións de maltrato animal.

Cabalos no Arde Lucus | Concello de Lugo

Malia que un bando municipal regula a circulación, a hixiene e a custodia de animais no Arde Lucus, e outra ordenanza prohíbe o sufrimento dos animais, a lei autonómica non limita de ningún xeito a participación en circos e festas dos equinos, aos que equipara co gando coma animais de explotación: non son animais silvestres nin tampouco domésticos, polo que as asociacións de recollida non os poden auxiliar. É habitual tamén que os cabalos non estean axeitadamente identificados, o que prexudica a aqueles mostrencos en réximes de liberdade ou semiliberdade, a pesar das advertencias da Unión Europea e o Parlamento galego.

Excluídos da Lei de Benestar Animal de 2017, os cabalos poden sufrir episodios de coidado deficiente, lesións ou abandono sen que ningunha administración teña que intervir pola falla de criterios específicos. É por iso que Libera e a fundación Franz Weber levan recollidas máis de 140.000 firmas para reclamar a incorporación dos équidos á Lei de Benestar. Mais, dende o punto de vista local, cómpre regulamentar o trato que reciben os animais durante o Arde Lucus, símbolo dunha cidade que tamén fai bandeira dos cabalos co salón internacional Equigal.

ÚLTIMAS

Detido un home en Lugo acusado de apuñalar á súa muller

Un home foi detido esta madrugada en Lugo acusado de propinar varias puñaladas á súa...

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...