InicioSociedadeA Xunta finaliza o trámite ambiental do proxecto da terminal de autobuses...

A Xunta finaliza o trámite ambiental do proxecto da terminal de autobuses da intermodal de Lugo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o anuncio polo que se fai público devandito informe.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda formulou o informe de impacto ambiental (IIA) correspondente ao proxecto de terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo, unha resolución, informa, coa que se dá por concluída a súa tramitación desde o punto de vista ambiental.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o anuncio polo que se fai público devandito informe. Despois de realizar unha avaliación ambiental simplificada da iniciativa, o organismoambiental conclúe que non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente pola construción da nova terminal de autobuses.

“E, por tanto, tampouco se considera necesario sometela a avaliación de impacto ambiental común”, engade. Deste xeito, serán agora o órgano promotor do proxecto, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade e a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, os que deberán continuar coa tramitación necesaria.

A estación intermodal de Lugo é un proxecto conxunto entre a Xunta, Adif e o Concello de Lugo que suporá un investimento global de 49,2 millóns.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...