InicioPolíticaRajoy aposta por 3 deputados para o PP na provincia de Lugo:...

Rajoy aposta por 3 deputados para o PP na provincia de Lugo: “Preparados, listos, xa!”

Rajoy fixo un alto en Lugo para facer un chamamento á "concentración do voto" nos populares e evitar quedar ás portas de gobernar polas fugas de apoios a outras formacións que, sen mencionar, situou na "irrelevancia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Preparados, listos, xa!” e foto co móbil. Así exerceu de anfitrioa a presidenta provincial do PP e portavoz popular no Concello de Lugo, Elena Candia, na segunda visita do ex presidente do Goberno Mariano Rajoy a Galicia nesta campaña, despois de participar xunto ao candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, no acto central da praza de touros de Pontevedra o primeiro domingo electoral.

Así, nos últimos metros desta carreira cara ás urnas, Rajoy fixo un alto en Lugo para facer un chamamento á “concentración do voto” nos populares e evitar quedar ás portas de gobernar polas fugas de apoios a outras formacións que, sen mencionar, situou na “irrelevancia”.

Máis de media hora para un percorrido duns 600 metros, ata a porta de San Pedro ou Toletana, unha porta romana que daba entrada á vía XIX procedente de Astorga e reedificada en 1781. Polo camiño, varias persoas achegáronse para saudar mentres que se impuxeron as fotos con bebés, nenos e nenas, maiores, persoas de mediana idade e mesmo algúns turistas.

Acompañado por, entre outros, Paula Prado, quen ironizou coa presenza do candidato socialista, Pedro Sánchez, “encerrado” nun auditorio na mesma xornada na que Rajoy pisa a “rúa” de Lugo; Rajoy xogouse a sorte “ao un”. O un do deputado que aspiran a sumar nestes comicios e o da terminación dos cupóns do Sorteo da Cruz Vermella que adquiriu á vendedora da Praza Maior, iso si, cun préstamo de Elena Candia, quen abonou o dez euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...