InicioSucesosA defensa de Ana Sandamil pide anular a condena porque un xurado...

A defensa de Ana Sandamil pide anular a condena porque un xurado estaba borracho

PUBLICADA O

- Advertisement -

A defensa de Ana Sandamil, a muller condenada por matar á súa filla na parroquia de Muimenta, en Cospeito, en maio de 2019, alegou que unha información xornalística asegura que un membro do xurado podería estar baixo os efectos do alcol e de estupefacientes no momento da deliberación e que o estado mental da acusada valorouse de forma incorrecta no veredicto.

Fíxoo na vista de apelación celebrada este luns no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tras o recurso presentado pola condena ao seu cliente a prisión permanente revisable. En consecuencia, solicitou que se lle aplique á súa defendida a eximente completa ou “polo menos unha eximente incompleta” ou ben que se volva a repetir o xuízo por falta de motivación.

O letrado fixo referencia a unha información xornalística na que se asegura que un membro do xurado podería estar influído polos efectos de alcol e estupefacientes no momento da deliberación. “Isto vulnera os dereitos da miña defendida”, sinalou.

Respecto ao estado mental da procesada durante o crime, argumentou que “o xurado debe valorar as probas, pero non pode valorar directa e persoalmente o estado mental da acusada” e engadiu que na proba pericial consta que “se atopaba baixo clínica psicótica no momento dos feitos, probablemente cun brote psicótico na súa fase máis aguda”.

Fronte a iso, Fiscalía e acusacións particular e popular pediron que se manteña a prisión permanente revisable que ditou a sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo o pasado mes de marzo, en base ao veredicto do xurado e que a defensa recorreu ante o alto tribunal galego por segunda vez.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...