Home Ancares Buscan a un home en Navia de Suarna que saíu a pescar este domingo e non regresou

Buscan a un home en Navia de Suarna que saíu a pescar este domingo e non regresou

0
Buscan a un home en Navia de Suarna que saíu a pescar este domingo e non regresou
Navia de Suarna | turismo.gal

Os servizos de emerxencias buscan a un home no municipio lucense de Navia de Suarna que saíu a pescar este domingo e non regresou ao seu domicilio.

Segundo confirmou o 112 Galicia, o home, de avanzada idade, saíu a pescar na zona da parroquia de Rao, onde foi localizado o seu vehículo. Ao parecer, non é natural de Navia de Suana e vive en Lugo.

O 112 tivo coñecemento desta desaparición pasada a medianoite e para a súa procura mobilizou á Garda Civil, ademais de dar aviso a agrupacións de voluntarios de Protección Civil da zona.

+ posts