InicioTerra CháXermadeEncontran dúas granadas antigas nunha vivenda en Xermade que estaba sendo reformada

Encontran dúas granadas antigas nunha vivenda en Xermade que estaba sendo reformada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios operarios que traballaban nunha obra de reforma dunha casa en ruínas en Xermade localizaron dúas granadas antigas ocultas nunha parede do tellado, segundo informou o 112 Galicia.

O achado produciuse sobre as 13,00 horas deste xoves, cando unha persoa particular informou a Emerxencias do ocorrido e o CIAE puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e da Policía.

Un equipo especializado da Garda Civil retirou as granadas e levounas para a súa análise e, no seu caso, detonación controlada, sen que se produciase ningún dano persoal nin material.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...