InicioPolítica23X.- Besteiro anuncia Internet de alta velocidade para o rural lugués grazas...

23X.- Besteiro anuncia Internet de alta velocidade para o rural lugués grazas ao Goberno de Sánchez

O número un do PSOE por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor os 22,5 millóns de euros investidos polo Executivo central co Plan de Recuperación, a través do Programa de Banda Ancha.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cabeza de lista do PSOE ao Congreso por de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, destacou que o 90% do rural da provincia terá Internet de alta velocidade en 2024 grazas ao Goberno de Pedro Sánchez.

Destacouno este mércores en Antas de Ulla, onde mantivo unha reunión coa súa alcaldesa, Pilar García Porto, para abordar o impacto dos programas de acceso á alta velocidade que leva a cabo o Executivo socialista na provincia de Lugo.

Na súa intervención, da que informou o PSOE de Lugo nun comunicado, Besteiro puxo en valor os 22,5 millóns de euros investidos polo Executivo central co Plan de Recuperación, a través do Programa de Banda Ancha, cos que levará a tecnoloxía de conexión de alta velocidade a máis de 84.000 vivendas e empresas da provincia de Lugo.

O acceso á rede de Internet no noso país é un dereito que comprometemos os socialistas, un servizo básico e imprescindible que sempre defendemos e que era unha materia pendente, co que buscamos fomentar a cohesión social e territorial, impulsando o tecido empresarial, á vez que loitamos contra un dos principais retos de Lugo: o despoboamento dos municipios pequenos”, destacou.

Neste sentido, asegurou que grazas ao esforzo do Goberno de Sánchez a extensión da banda ancha na provincia é xa unha realidade. “Antas de Ulla é un dos numerosos exemplos de como as políticas implantadas polos socialistas están a mellorar a calidade de vida dos lucenses”, dixo para lembrar que con este programa en 2025 o 100% da cidadanía estará conectada con banda ancha ultrarrápida.

Con esta medida aseguramos que os lucenses que viven no rural teñan os mesmos dereitos que os que viven nas cidades, podendo desenvolver os seus proxectos vitais e profesionais accedendo á conectividade dixital e ofrecendo oportunidades aos máis novos para que queden nos seus pobos”, afirmou.

Durante a visita, ademais, o candidato socialista lembrou que as familias e as empresas de Lugo xa poden solicitar a conexión a Internet vía satélite por un prezo competitivo. Así, avanzou que o Goberno de Pedro Sánchez puxo en marchaa o programa UNICO-Demanda Rural, unha solución transitoria que ofrece tanto en canto non conclúen os proxectos de extensión da fibra óptica que se executan.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...