InicioSociedadeO Xulgado de Lugo desestima por segunda vez a suspensión cautelar do...

O Xulgado de Lugo desestima por segunda vez a suspensión cautelar do derrube do Garañón

As obras de demolición empezaron en xuño e o maxistrado "non comprende" nin a estratexia nin a táctica do recorrente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Lugo desestimou, por segunda vez, a suspensión cautelar de derrube do edificio do Garañón que solicitou o Banco Santander, principal acredor da propiedade, por mor da inadmisión das medidas cautelarísimas que anteriormente reclamou a mesma entidade.

A demolición do inmoble comezou este mes de xullo despois de máis dunha década paralizado. Nese tempo, deu orixe a unha polémica xudicial e política que levou a dimitir ao que foi alcalde da localidade, José López Orozco, e ao secretario xeral do PSdeG entre 2013 e 2016, José Ramón Gómez Besteiro, tras ser imputados pola xuíza Pilar de Lara por suposta prevaricación relacionada coa licenza deste edificio.

En 2021, a Audiencia Provincial de Lugo arquivou este caso e exonerou de responsabilidade a ambos os dirixentes socialistas nun auto no que se indicaba que “non existían indicios da comisión de delitos”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...