InicioLugo e contornaLugoInterceptan en Lugo un condutor cunha taxa de alcohol catro veces superior...

Interceptan en Lugo un condutor cunha taxa de alcohol catro veces superior á permitida

A Policía Local tamén detectou a un condutor positivo en consumo de drogas. En concreto, THC.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida, arroxando un resultado de 1,08 e 0,92 miligramos por litro de aire expirado nas probas.

Foi durante un control de tráfico levado a cabo os días 27 e 28 de xuño cando os axentes ‘cazaron’ a este condutor, do mesmo xeito que a outro que arroxou 0,83 e 0,72 mg/l, polo que ambos están a ser investigados por delitos contra a seguridade viaria.

Ao primeiro deles foi necesario realizarlle as probas ata en cinco ocasiones, xa que trataba de enganar ao aparello, deixando de soprar ou apartándose e interrompendo a proba.

A Policía Local tamén detectou a un condutor positivo en consumo de drogas. En concreto, THC. No mesmo control, foron interceptados outro catro condutores que arroxaron taxas positivas de alcol, pero que non superaban o 0,52 mg/l.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...