InicioLugo e contornaLugoFinaliza a tempada de primavera do 'Coñece a túa provincia' con case...

Finaliza a tempada de primavera do ‘Coñece a túa provincia’ con case 1.800 participantes

A segunda quenda das viaxes da terceira edición deste programa arrincará o 12 de setembro ata o 7 de novembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo finalizou a tempada de primavera de ‘Coñece a túa provincia’, a terceira edición do programa de viaxes gratuítas, con case 1.800 participantes dunhas 90 entidades e colectivos lucenses sen ánimo de lucro.

Segundo informou o goberno provincial, estas viaxes contribúen a impulsar a economía e o turismo de proximidade das poboacións onde se desenvolven as rutas. Desta forma, máis dun centenar de veciños dos concellos de Lugo, Cospeito e Triacastela serán esta semana os últimos participantes.

Este martes, os membros da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e da ANPA do IES Nosa Señora de Ollos Grandes realizaron unha ruta polo sur da provincia e A Montaña, respectivamente. O mércores, a Asociación de Veciños Cultural e Deportiva San Vicente de Pías, de Lugo, desprazaranse a Cervantes e Navia de Suarna tras coñecer a historia e as instalacións da sede provincial en San Marcos.

Por último, o venres protagonizarán unha última xornada os socios da Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta e os escolares da APA do CEIP, de Triacastela, que tras “achegarse aos segredos televisivos” na Produtora de Audiovisuais da Deputación, coñecerán o patrimonio natural e cultural da Fonsagrada, Negueira de Muñiz e da capital de Lugo. Así, tras os meses de verán a Deputación de Lugo continuará coa segunda quenda das viaxes da terceira edición deste programa que empezarán o 12 de setembro ata o 7 de novembro.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

A Policía desmantela unha rede de estafas á Seguridade Social con nexos en Lugo

A Policía Nacional desmantelou unha armazón composta por 38 empresas implicadas nunha presunta fraude...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...