InicioSociedadeO Arde Lucus deixa "un gran sabor de boca" cunha ocupación hoteleira...

O Arde Lucus deixa “un gran sabor de boca” cunha ocupación hoteleira de entre o 80 e o 90%

O PP de Lugo pide unha data fixa para a festividade e avanza que presentará a iniciativa na Comisión de cultura

PUBLICADA O

- Advertisement -

O primeiro Arde Lucus como Festa de Interese Turístico Internacional finaliza cun balance “tremendamente positivo” e cunha ocupación hoteleira que chegou ao 80% durante o venres e superou o 90% o sábado.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo unha valoración “tremendamente positiva”, que cualificou de éxito a pesar das altas temperaturas destes últimos días, que “en determinados momentos da xornada, puideron rebaixar a presenza do público nas rúas”.

Ademais, Méndez remarcou que esta festividade finaliza deixándoos “cun gran sabor de boca” tanto no referente á animación e dinamización das rúas como na consecuencia que isto ten “a nivel revulsivo económico”, xa que a ocupación hoteleira e hostaleira “foi moi boa”.

OCUPACIÓN HOTELEIRA NO FIN DE SEMANA

Así, nun comunicado, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) publicou os datos da ocupación hoteleira durante o fin de semana. os establecementos da cidade chegou ao 80% durante o venres e superou o 90% o sábado e, segundo detallaron, algúns establecementos si que colgaron o cartel de completos.

RECOLLIDA DE RESIDUOS E REDES SOCIAIS

Un indicativo da afluencia rexistrada é a cantidade de lixo que recolleu, desde o pasado venres ao mediodía, o servizo de limpeza viaria, que este ano ascendeu a un total de 400.000 quilos de residuos, polo que superou as cifras de 2022 e 2019.

Con todo, outro dos “grandes indicadores” é o alcance das redes sociais municipais, xa que a comunidade das contas oficiais de Arde Lucus alcanzou os 47.270 usuarios nun total de cinco redes sociais.

DATA FIXA PARA A CELEBRACIÓN

O Partido Popular de Lugo pediu unha data fixa para a celebración desta festividade. Así, o concelleiro popular, Agustín Galego avanzou que presentarán na Comisión de cultura unha iniciativa para que “a partir do Arde Lucus de 2024 a celebración se desenvolva nunha data fixa que non coincida co San Xoán”.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...