InicioEconomíaDesconvocada a folga do comercio de alimentación en Lugo tras a "traizón...

Desconvocada a folga do comercio de alimentación en Lugo tras a “traizón de UGT e USO”, segundo a CIG

A central nacionalista advertiu de que esta desconvocatoria "non supón un paso atrás no firme convencemento e na necesidade de pelexar pola mellora das condicións de traballo no sector".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG desconvocou a folga do comercio de alimentación da provincia de Lugo tras a celebración de asembleas de traballadores este mércores e este xoves.

O sindicato sinalou que “o sentir que se trasladou por parte do persoal foi maioritariamente de desmotivación” respecto de secundar o paro, “tendo en conta que a traizón de UGT e USO asinando por detrás o convenio colectivo deixa sen efecto o obxectivo da folga”.

En todo caso, a central nacionalista advertiu de que esta desconvocatoria “non supón un paso atrás no firme convencemento e na necesidade de pelexar pola mellora das condicións de traballo no sector”. “Por iso, a patronal debe ter claro que a loita non acaba coa firma deste convenio de miseria que non responde as reivindicacións do conxunto do persoal”, sinalaron desde a CIG.

Finalmente, o sindicato sinalou que, “sendo un convenio insuficiente”, as mobilizacións conseguiron polo menos algunha mellora, e non se asinou a proposta inicial da parte patronal.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...