InicioSucesosInterceptan un condutor a 200 km/h na A-54 ao seu paso por...

Interceptan un condutor a 200 km/h na A-54 ao seu paso por Lugo, o dobre da velocidade permitida

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou a un condutor, á altura do quilómetro 12.100 da A-54, no termo municipal de Lugo, circulando a 200 km/h, cando a velocidade máxima permitida nesa zona é de 100 km/h.

Segundo informaron fontes da Comandancia Provincial, os feitos ocorreron na mañá do pasado domingo. Tras detectarse o exceso de velocidade, varias patrullas mobilizáronse para deter o vehículo, algo que conseguiron cando este xa circulaba pola A-6, en Pedrafita do Cebreiro.

O condutor foi identificado, e resultou ser un veciño de Alcobendas de 60 anos de idade. O home foi imputado en calidade de investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria, e as dilixencias instruídas puxéronse en coñecemento do xulgado de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...