InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo e o Goberno central poñen en valor a...

A Deputación de Lugo e o Goberno central poñen en valor a leira do Pazo de Tor, en Monforte

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, e o secretario xeral para o Reto Demográfico, Francesc Aboia, visitaron este martes a leira do Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, na que, segundo destacou a institución provincial, buscarán pór en valor esta propiedade e darlle unha nova utilidade no futuro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tome, e o secretario xeral para o Reto Demográfico, Francesc Boya, visitaron este martes a leira do Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, na que, segundo destacou a institución provincial, buscarán pór en valor esta propiedade e darlle unha nova utilidade no futuro.

Así, Tomei explicou que analizaron as posibilidades de establecer o futuro da leira, propiedade da Deputación, e para pola en valor co fin de que “sexa útil como un ben público e tamén sirva para dinamizar os sectores produtivos, especialmente o sector primario”.

Pola súa banda, o secretario xeral destacou na súa visita o interese do seu departamento en coñecer de primeira man “como articulan as cidades medias, como pode ser Monforte, o territorio, os servizos e o rural”. “Un modelo que queremos para o conxunto do país e para loitar así contra o despoboamento. Por primeira vez hai unha política de Estado. A solución é reter talento e configurar polos industriais con capacidade de ofrecer calidade de vida e oportunidades laborais”, subliñou secretario.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...