InicioSucesosUn detido en Lugo por comprar documentos falsos no estranxeiro a través...

Un detido en Lugo por comprar documentos falsos no estranxeiro a través das redes sociais

Un total de 60 persoas arrestadas en toda España, a maior parte en Madrid (24), seguida de Barcelona (7) e Huelva (7)

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria detiveron a 64 persoas –unha en Lugo e outra en Pontevedra– e interceptado 136 documentos falsos, en concreto permisos de conducir, pasaportes ou documentos de identidade, todos con nacionalidade europea para poder circular por territorio Schengen sen dificultade. Tiñan un alto nivel de profesionalización e facíanse con eles en redes sociais por entre 1.000 e 3.000 euros.

Segundo a Policía, que deu a coñecer este xoves os resultados desta operación conxunta, aos arrestados impútanselles delitos de contrabando, falsidade documental e contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros por favorecer a inmigración irregular.

As detencións realizáronse en Madrid (24), Huelva (7), Barcelona (7), Granada (5), Alacante (4), As Palmas (4), Santa Cruz de Tenerife (2), Cádiz (2), Melilla (2), León (2), Almería (1), Pontevedra (1), Córdoba (1), Lugo (1) e Xaén (1).

A investigación comezou polo Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria durante os seus controis sobre envíos de paquetería procedentes do estranxeiro, que foran seleccionados mediante técnicas de análises de riscos. Os funcionarios detectaron envíos con documentación falsificada, polo que contactaron co Punto Atenas da Policía Nacional para verificar a falsificación dos documentos interceptados.

136 DOCUMENTOS

Axentes da Policía Nacional comprobaron distintos tipos de documentos e entre as falsificacións había de identidade, pasaportes e licenzas de conducir con distintas nacionalidades europeas para poder circular polo espazo Schengen sen complicacións. En total, detectáronse 136 documentos cun alto nivel de profesionalización.

Comprobouse ademais que os “clientes” se puñan en contacto cos falsificadores estranxeiros a través de varias redes sociais e mensaxería instantánea, onde fixaban un prezo en función do documento que pedían. Polos mesmos canles concertaban tamén a data do envío a España dos pasaportes.

Por exemplo, os pasaportes que contaban con selos de fronteira tiñan un maior custo ao aparentar unha maior credibilidade aos mesmos nos pasos fronteirizos, por iso é polo que o prezo dos documentos falsificados variase entre 1.000 e 3.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...