InicioSociedadeColectivos e centros sociais autoxestionados denuncian "persecución" tras varias sancións

Colectivos e centros sociais autoxestionados denuncian “persecución” tras varias sancións

Estes centros e asociacións denunciaron unha "deriva alarmante" no trato das institucións, mesmo "dun suposto goberno municipal progresista".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes de diferentes colectivos, asociacións e centros sociais autoxestionados de Lugo compareceron este mércores ante os medios para denunciar “persecución” por parte das institucións e, en concreto, da Policía Local, tras a imposición de sancións e outras medidas para “constreñir” a súa acción “a pé de rúa”.

Así se manifestaron nunha rolda de prensa no local da asociación A Hedreira, que recibiu a finais de abril unha proposta de sanción de 600,01 euros pola organización, hai un ano, dun mercadillo de intercambio de produtos de segunda man, “do que non se extrae ningún beneficio económico”, alegando falta de licenza.

Aquel día, sinalaron, a Policía Local acudiu ao local por supostos ruídos e, tras comprobar que o volume se axustaba á norma, “púxose a buscar un motivo para multar”, segundo denunciaron. Na Hedreira, lembraron, realízanse actividades gratuítas como teatro, charlas, asembleas, proxección de películas, clases, etc. “sen ningún tipo de axuda”.

A esta sanción súmanse outras, como a imposta contra o evento Lumenovo da Rede Asociativa pola actividade de venda ambulante (unha barra para consumicións); a retirada por parte da Policía Local dun cartel colocado polo centro social Mádia Leva en conmemoración dos Mártires de Carral e da Revolta Liberal e Galeguista de 1846; ou a eliminación de murais desta mesma asociación e doutros colectivos.

Estes centros e asociacións denunciaron unha “deriva alarmante” no trato das institucións, mesmo “dun suposto goberno municipal progresista”, onde nin PSOE nin BNG “se pronunciaron sequera sobre estas actuacións”.

Tras apuntar que esa situación “erosiona o tecido asociativo”, reclamaron que, se non reciben axudas, “polo menos que non se poñan impedimentos para a vida social”. “Xa chega de ser sancionadas ou discriminadas”, proclamaron, e reclamaron ao Concello, entre outras cuestións, “que poña freo á liña persecutoria que segue a Policía Local”.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...