InicioSociedadeA alcaldesa de Lugo garante os servizos do cemiterio municipal e acusa...

A alcaldesa de Lugo garante os servizos do cemiterio municipal e acusa ao BNG de “falta de medidas”

CC.OO. denuncia ante Inspección de Traballo as condicións do persoal do camposanto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confirmou este martes que a área de Gobernación do Concello (que coordina o PSOE) actuou para garantir os servizos do cemiterio municipal, “ante a falta de adopción de medidas por parte da área de Participación Cidadá”, que ostenta o BNG, e porque “o servizo público debe prevalecer ante calquera outro interese”.

A rexedora proclamou que “ningunha familia se verá privada, na cidade, de darlle enterramento aos seus seres queridos” e incidiu en que “o Executivo municipal está para resolver os problemas da cidadanía, non para crealos”.

Nese sentido, explicou que a área de Gobernación adoptou este martes “as medidas oportunas” para que o cemiterio non queda desasistido por necesidades de persoal, unhas necesidades “que Participación Cidadá non regulou adecuadamente, a pesar de ser a súa responsabilidade”. A concelleira socialista de Gobernación, Paula Alvarellos, explicou que, das 3 baixas do servizo, dous xa están cubertas e a terceira estarao “esa mesma semana”.

Paula Alvarellos sinalou que a brigada do cemiterio está formada por 7 operarios, un encargado e seis oficiais sepultureiros. Deses 6 operarios, tres están en activo, pero o problema suscitouse cando “tendo a concelleira concedidas as vacacións dun cuarto operario, o quinto colleu a baixa o venres e falloulle a determinación para adoptar as decisións que desen continuidade ao servizo”.

Segundo a concelleira, en lugar de facer algo “tan sinxelo” como aprazar o permiso do concelleiro por unhas horas, “preferiu declararse incompetente”, “achacando a súa neglixencia a unha área allea e escudándose en pretextos nunha declaración que o único que fixo foi desautorizala como xestora”.

Así, o empregado de vacacións foi substituído por unha persoa da Bolsa de Emprego da correspondente categoría, e xa se incorporou; mentres que a praza do sexto operario será cuberta en próximos días. Tras criticar a posición do BNG (que reclamaba a actuación da área de Persoal), Alvarellos apostilou que “un cargo público non debe xerar alarmismo social, en lugar de asumir o seu labor”.

ÚLTIMAS

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...