InicioEconomíaUns 7.000 profesionais do metal de Lugo van á folga este mércores...

Uns 7.000 profesionais do metal de Lugo van á folga este mércores tras fracasar a mediación

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os sindicatos CC.OO., UGT e CIG manteñen convocada a folga para este mércores 10 de maio no sector do metal da provincia de Lugo, despois de terminar sen acordo a reunión de mediación celebrada este luns no Consello Galego de Relacións Laborais.

Deste xeito, mantense o paro para este mércores e tamén os convocados para os próximos días 23 e 25 de maio, para reclamar un convenio colectivo “digno” que contemple maiores soldos. Segundo denuncian, os traballadores do metal de Lugo son os que perciben salarios máis baixos de toda a comunidade, e a patronal “non recoñece nin o IPC real deste ano nin dos seguintes” nas negociacións para actualizalos.

Por iso, están chamados a secundar a folga durante tres xornadas uns 5.000 profesionais do ámbito siderometal e outros 2.000 do comercio do metal.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...