Home Lugo e contorna Lugo Denunciados en nove días máis dun centenar de condutores en Lugo en controis de velocidade

Denunciados en nove días máis dun centenar de condutores en Lugo en controis de velocidade

0
Denunciados en nove días máis dun centenar de condutores en Lugo en controis de velocidade
Control de velocidade nunha autovía galega con motos e coches parados / GARDA CIVIL

Un total de 138 condutores foron denunciados en Lugo, co control de 6.410 coches, na campaña da Policía Local realizada en cooperación coa Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para o control de velocidade. Foi nunha campaña que levou a cabo entre o 12 e o 20 de abril.

Ademais na tarde do luns, día 24, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo deu o alto nun control a un vehículo na rúa Serra de Outes, observando que o seu condutor non facía uso do cinto de seguridade.

Tamén observaron que o condutor estaba moi nervioso e acharon, nun rexistro, un bastón que presentaba na punta un reforzo de ferro, sen que puidese xustificar o seu uso polo que foi intervido e levantouse acta de denuncia por prohibir a Lei de Seguridade Cidadá a tenencia deste obxecto.

+ posts