Home Lugo e contorna Lugo En liberdade o detido pola agresión ao futbolista xuvenil do Lugo mentres é investigado por un delito de lesións

En liberdade o detido pola agresión ao futbolista xuvenil do Lugo mentres é investigado por un delito de lesións

0
En liberdade o detido pola agresión ao futbolista xuvenil do Lugo mentres é investigado por un delito de lesións
Coche de Policía / POLICÍA NACIONAL - Arquivo

O mozo detido como presunto autor da agresión a Gonzalo Cuéllar, o futbolista de 18 anos do equipo Xuvenil División de Honra do Club Deportivo Lugo, quedou en liberdade coa prohibición de comunicarse e de aproximarse á vítima. Está investigado por un delito de lesións. Así o decidiu o maxistrado do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Policía Nacional detivo na tarde do luns a un mozo pola agresión do futbolista, que continúa ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Segundo informou a Comisaría Provincial, a detención produciuse a última hora do luns por mor duns feitos que ocorreron na madrugada do sábado ao domingo, nunha zona de lecer nocturno na rúa Clérigos.

O novo futbolista, irmán do xogador do CD Lugo Jaume Cuéllar, recibiu unha puñada tras unha discusión e tivo que ser trasladado en ambulancia ata o HULA, onde ingresou na UCI pero con evolución favorable. Ao longo do luns foi derivado a planta.

Os axentes, despois de que a familia presentase denuncia o domingo, iniciaron unha investigación na que tomaron declaracións a todos as posibles testemuñas. Así, tras estas dilixencias, lograron determinar a presunta autoría das lesións.

COMUNICADO DO CLUB

Tras este suceso, o Club Deportivo Lugo emitiu o domingo un comunicado para enviar todo o seu “apoio e forza” á vítima e á familia: “O club atópase xunto a eles e en contacto constante”.

“A familia ‘albivermella’ únese para arroupar a Gonzalo, a Jaume e á súa familia neste complicado momento e condena enerxicamente, como non podía ser doutra maneira, este deleznable suceso“, conclúe o conxunto.

+ posts