InicioSucesosDetidos tres novos en Alacante por estafas co método do 'fillo en...

Detidos tres novos en Alacante por estafas co método do ‘fillo en apertos’ que afectaron a un lucense

Os presuntos autores chegaron a recibir un total de 11.353 euros de catro persoas residentes en Madrid, Palencia, Barcelona e Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Alacante a tres novos, de entre 18 e 22 anos, por supostas estafas mediante o método coñecido como ‘o fillo en apertos’, que consiste en contactar coas vítimas, unha aplicación de mensaxería instantánea, facéndose pasar polo seu fillo e dicíndolles que se atopaban en apertos económicos. Os presuntos autores chegaron a recibir un total de 11.353 euros de catro persoas residentes en Madrid, Palencia, Barcelona e Lugo.

A investigación policial deu comezo tras a denuncia dunha primeira vítima na Comisaría de Alcalá de Henares (Madrid). O denunciante asegurou sufrir unha estafa e explicou aos axentes que alguén se fixo pasar polo seu fillo e pediulle axuda económica urxente para liquidar un problema.

O home creu en todo momento que era o seu fillo quen solicitaba a axuda e realizoulle unha transferencia de 2.405 euros ao número de conta bancaria indicado polo presunto estafador, que volveu pedir unha nova transferencia de 2.105 euros, tras argumentar que a anterior transacción do diñeiro fallara, polo que a vítima realizou de novo o envío do importe solicitado.

Os axentes do Grupo de Policía Xudicial da Comisaría de Alcalá de Henares pescudaron que o domicilio do titular da conta bancaria á que foron transferidos os 4.510 euros da estafa tiña domicilio en Alacante, polo que solicitaron a colaboración desa Comisaría Provincial.

Os axentes do Grupo de Delincuencia Económica da Brigada de Policía Xudicial de Alacante lograron deter ao titular da conta bancaria, persoa que actuaba como ‘mula’ e a quen acusaron dun presunto delito de estafa.

Na investigación, os axentes relacionaron ao primeiro detido con outros dous homes que resultaron ser os presuntos autores da estafa. Os axentes localizáronos e arrestaron e a un deles interviñéronlle 3.140 euros en efectivo.

Posteriormente, os investigadores localizaron ás outras vítimas dos arrestados en Palencia, Barcelona e Lugo. Ata o momento, a Policía Nacional esclareceu catro estafas, por un importe total de 11.353 euros, aínda que as investigacións continúan abertas para localizar a outras posibles vítimas. Os detidos xa foron ouvidos en declaración e atópanse á espera de ser citados pola autoridade xudicial.

O ‘modus operandi’ empregado polos detidos é unha modalidade ou variante doutro timo coñecido como ‘timo da maleta’. Nos dous casos utilízanse aplicacións de mensaxería para contactar con familiares e enganarlles ao indicar que necesitan axuda urxente, segundo informou a Comisaría Provincial este martes nun comunicado. Desta forma, os estafadores conseguen que lles envíen diñeiro a contas bancarias de terceiras persoas denominadas no argot policial como ‘mulas’.

ÚLTIMAS

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...

Rexistrado un terremoto de 3 graos de magnitude en Baleira

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou este xoves un terremoto de magnitude 3 no municipio lucense de...