InicioLugo e contornaLugoBesteiro reivindica Lugo como "exemplo" en proxectos de sustentabilidade e medio ambiente

Besteiro reivindica Lugo como “exemplo” en proxectos de sustentabilidade e medio ambiente

O delegado do Goberno en Galicia, sinalou que son "moitos" os proxectos que ten a cidade en marcha con apoio do Goberno central. "Vinculados sobre todo co medio ambiente".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, puxo como “exemplo” a Lugo en proxectos de sustentabilidade e medioambiente, coincidindo coa súa primeira visita institucional á cidade. Xunto á alcaldesa, Lara Méndez, percorreu as zonas do centro histórico que o concello peonalizará con fondos Next Generation.

Fixérono tras unha recepción no concello e nunha visita ás rúas nas que, nos próximos días, comezarán as obras de peonalización dentro do proxecto ‘Corazón verde’. Esta actuación permitirá converter o recinto amurallado na primeira zona de baixas emisións da cidade.

Besteiro expuxo, en declaracións aos medios de comunicación, que son “moitos” os proxectos que ten a cidade en marcha con apoio do Goberno central. “Vinculados sobre todo co medio ambiente e a sustentabilidade e coa eficiencia enerxética”, remarcou.

Pola súa banda, a alcaldesa, que se mostrou convencida de que Besteiro fará “un bo traballo en defensa dos galegos” á fronte da Delegación do Goberno, agradeceu que Besteiro escollese a cidade de Lugo na súa primeira visita institucional.

Tamén se mostrou convencida de que o seu labor á fronte da Delegación do Goberno “traerá investimentos” e, neste sentido, destacou o financiamento do Goberno central na cidade.

Pola súa banda, desde o PP manifestaron o seu desexo de que a visita fose para anunciar que Besteiro “vai asumir do seu peto os custos do derrubamento das torres do Garañón e as indemnizacións que haxa que pagar”, algo que Besteiro, a preguntas dos xornalistas, vinculou cunha cuestión municipal.

“El e os seus compañeiros socialistas aprobaron cos seus votos un convenio urbanístico cun construtor a quen lle garantían unha edificación e que non se se chegaba a facer indemnizaríaselle”, sosstienen sobre esta cuestión.

+ posts

ÚLTIMAS

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...