InicioLugo e contornaLugoAs augas das Caldas teñen total "garantía e calidade sanitaria" sinala o...

As augas das Caldas teñen total “garantía e calidade sanitaria” sinala o Concello de Lugo

"Ao mesmo tempo e para dar maior tranquilidade á poboación e non suscitar dúbidas sobre a garantía e calidade sanitaria das augas", din desde o consistorio lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo defende a “garantía e calidade sanitaria” das augas das Caldas e remarca “a legalidade da temperatura coa que se concibiron estas termas”, aínda que procedeu a baixala ata que se dirima a disparidade de criterios coa Xunta.

Nun comunicado, afirma que “á vista do cambio de criterio mostrado pola Xunta de Galicia que primeiro valorou favorablemente e autorizou tanto o anteproxecto como o proxecto presentado polo Concello onde xa se especificaba a temperatura da auga, e a continuación, tras a súa apertura, afirma que contraviene a normativa sanitaria, a área de Medio Ambiente está a elaborar un informe onde se expoñen estas contradicións”.

“Ao mesmo tempo e para dar maior tranquilidade á poboación e non suscitar dúbidas sobre a garantía e calidade sanitaria das augas”, precisa que “ata que se dirima a disparidade de criterios sobre a temperatura á que deben estar as Caldas, o Concello procedeu a baixalas ata os 30 graos”.

“Queremos que a cidadanía siga empregando esta nova dotación como ata agora, coa máxima afluencia, que o faga convencida de que, a pesar das contradicións nas que incorre a Xunta de maneira similar ao que fixo coa zona de baño pública no Miño o ano pasado, as instalacións son totalmente seguras para a súa saúde e benestar”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...