InicioSucesosIdentifican en Lugo a dous mozos por subirse a vehículos estacionados e...

Identifican en Lugo a dous mozos por subirse a vehículos estacionados e causar danos

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén informou sobre o rescate dunha ave que quedou atrapada nunha sedela de pesca, e non era capaz de voar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou e abriu dilixencias contra dous mozos, como presuntos autores de danos en varios vehículos estacionados, sobre os que se subiron.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado Xoves Santo na rúa Primavera, onde acudiu unha dotación do 092 alertada pola presenza dun grupo de mozos que esstaban subíndose aos coches aparcados e causando danos.

As testemuñas achegaron a descrición dos mozos, e dous deles foron localizados pouco despois polos axentes. Os mozos foron identificados e interrogados, mostrándose “moi nerviosos”.

Un deles quitou o abrigo “para esconder unhas feridas que presentaba na man dereita”, e que son “compatibles cos danos ocasionados nos vehículos”. Ademais, preguntado por esas lesións, que eran recentes, “non achegou resposta coherente”.

Por estes feitos, ambos foron denunciados. Así mesmo, os axentes comprobaron que dous coches aparcados presentaban danos nos espellos retrovisores e no capó.

RESCATE DUNHA AVE

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén informou sobre o rescate dunha ave que quedou atrapada nunha sedela de pesca, e non era capaz de voar.

Así, na mañá do pasado mércores unha patrulla trasladouse ás inmediacións da Fábrica da Luz, onde observaron á ave no Miño, incapaz de voar, e xa moi cansa. Con axuda de dous piragüistas lograron rescatar ao animal, e puxérono ao sol para reanimalo.

Pouco despois, e tras retirar a sedela que a mantiña atrapada, a ave comezou a moverse. Posteriormente foi trasladada ao Centro de Recuperación do Veral.

SEGURIDADE VIARIA

Finalmente, a Policía Local informou de varias intervencións en materia de seguridade viaria durante a Semana Santa, entre elas, as denuncias a tres condutores por supostos delitos contra a seguridade viaria.

Trátase dun condutor que circulaba pola rúa Serra de Meira cunha taxa de alcoholemia de 0,70 mg/l; outro condutor sorprendido nun control na rúa San Roque, cunha taxa de alcoholemia de 0,74 mg/l; e unha terceira que foi sorprendida tras saltarse un ‘ceda o paso’ na confluencia das rúas Jacinto Calvo e Galicia.

Esta última condutora provocou un accidente e chocou contra outro vehículo, no que unha pasaxeira resultou ferida leve. A causante do sinistro deu resultado positivo de 0,51 mg/l no test de alcoholemia.

Por outra banda, instruíronse dilixencias administrativas contra outros 14 condutores por alcoholemia positiva (aínda que con taxas inferiores a 0,60 mg/l). Así mesmo, foron denunciados tres condutores detectados na Rolda da Muralla, rúa Hosrtensia e rúa San Roque, e que deron positivo en THC e cocaína (dous deles).

Por último, abríronse outras dilixencias por infraccións viarias: 23 condutores denunciados por non presentar en prazo a ITV, 6 por circular sen seguro, un por levar placas de matrícula caducadas, un por conducir co permiso sen vixencia, outro por levar as rodas en mal estado, e outro por transportar a un menor de 7 anos sen sistema de retención infantil.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación e a FEGAMP alertan da “presión” da Xunta sobre os concellos coa nova lei local

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, recibiu este martes ao Presidente da...

O alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: “Seguimos traballando”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quitou relevancia este martes á situación na que...

O PPdeG sobre a reclamación do BNG á Xunta do memorando de Altri: “Estiran o chicle por interese”

O Grupo Popular tombou unha moción do BNG que reclamaba, entre outras cousas, instar...

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...