InicioAncaresBecerreáOlalla Rodil pide "apostar por revitalizar" Os Ancares

Olalla Rodil pide “apostar por revitalizar” Os Ancares

Rodil fixo estas manifestacións na XXXV Feira do Queixo do Cebreiro á que tamén acudiu o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG no Parlamento e viceportavoz da formación reivindicou Os Ancares como “referencia de transformación alimentaria” e instou a “apostar por revitalizar a comarca”.

Rodil acudiu este venres á XXXV Feira do Queixo do Cebreiro xunto con membros do BNG en Pedrafita do Cebreiro, onde destacou que a feira é “a proba do potencial” que posúe a comarca.

“Ancares é unha referencia da transformación alimentaria, unha boa proba é a súa IXP do queixo e do bo facer das persoas que traballan na actividade agro-gandeira, como mostran os produtos relacionados co porco ou a tenreira”, sinala.

A nacionalista incidiu tamén en que para poder contribuír a dinamizar a economía e a revitalizar de xente a zona, “é preciso seguir potenciando circuítos comerciais de proximidade e fomentar políticas en contra do abandono do rural para que a xente poida establecer a súa vida nestes lugares”.

Á mostra tamén acudiu o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, que asistiu xunto ao alcade de Pedrafita, José Luís Raposo Magdalena.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...