Home Lugo e contorna Lugo Morre unha muller ao incendiarse a súa casa en Lugo

Morre unha muller ao incendiarse a súa casa en Lugo

0
Morre unha muller ao incendiarse a súa casa en Lugo
Bombeiros de Lugo | ARQUIVO

Unha muller de idade avanzada faleceu durante a madrugada deste sábado ao incendiarse a súa casa, situada na Travesía de San Eufrasio do municipio de Lugo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ao redor das 01,00 horas da madrugada. As chamas, iniciadas na cociña, estendéronse por toda a vivenda e provocaron o colapso do tellado da casa.

A única residente na vivenda padecía problemas de mobilidade e non puido abandonar a casa. Chegados ao lugar, os bombeiros accederon ao interior do inmoble, onde se atoparon o corpo sen vida da vítima. Ata a zona tamén se desprazaron axentes da Policía Nacional e Local, así como profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

+ posts