InicioMedioambiente e PatrimonioControlado o incendio de Alfoz con 120 hectáreas calcinadas

Controlado o incendio de Alfoz con 120 hectáreas calcinadas

Tamén dá por controlado o incendio de Viveiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural deu por controlado, ás 12,28 horas deste venres, o incendio forestal que permanecía estabilizado na localidade lucense de Alfoz e que calcinou unhas 120 hectáreas. Para este lume, que se iniciou na parroquia de Lagoa, a Xunta destinou ao seu control e extinción dous técnicos, 17 axentes, 13 brigadas, sete motobombas, unhas pas e un helicóptero.

Doutra banda, mantéñense controlados os incendios forestais declarados nos municipios lucenses de Baleira e Viveiro, segundo trasladou a Consellería do Medio Rural, e suman case 1.500 hectáreas calcinadas. En concreto, o lume de Baleira, o primeiro gran incendio forestal do ano, atópase controlado desde as 05,45 horas deste venres. Segundo as últimas estimacións, as chamas queimaron 1.400 hectáreas.

A Xunta afirmou que este lume comezou na tarde do martes na parroquia de Cubilledo supostamente por unha queima descontrolada. De feito, a Garda Civil xa imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo de 78 anos de idade como suposto autor material deste incendio, por unha imprudencia grave cometida ao realizar unha queima de restos forestais sen autorización administrativa.

Ata o momento traballou na zona, onde foi necesario desaloxar a veciños de varias aldeas que xa puideron regresar ás súas casas, un dispositivo no que participaron cinco técnicos, 54 axentes, 79 brigadas, 39 motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio (UTA), catro avións e cinco helicópteros.

Así mesmo, Medio Rural tamén deu por controlado ás 21,57 horas deste xoves o incendio de Viveiro, declarado na parroquia de Vieiro, que queimou 90 hectáreas, segundo as estimacións provisionais. Alí participaron no dispositivo dous técnicos, 16 axentes, 12 brigadas, seis motobombas e dúas pas.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...