Home Lugo e contorna Ascenden a 30 as hectáreas calcinadas no lume de Baleira

Ascenden a 30 as hectáreas calcinadas no lume de Baleira

0
Ascenden a 30 as hectáreas calcinadas no lume de Baleira
Incendio en Baleira / ATBRIF

O incendio forestal que permanece activo desde a tarde deste martes no municipio lugués de Baleira queimou xa 30 hectáreas, segundo a última actualización ofrecida pola Consellería do Medio Rural.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural a través da conta de Twitter ‘@incendios085’, o lume afecta á parroquia de Cubilledo. Polo momento, mobilizáronse para as tarefas de control un técnico, dous axentes, nove brigadas, tres motobombas e medios aéreos.

+ posts