InicioSucesosA Policía detecta unha vivenda na entreplanta do 'after' que o concello...

A Policía detecta unha vivenda na entreplanta do ‘after’ que o concello tenta clausurar

A rexedora sinalou que nos últimos meses foron numerosas as inspeccións levadas a cabo no local

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este martes unha reunión co Intendente Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, no marco dos encontros para realizar un seguimento das actuacións no marco dos locais de lecer nocturno que causan molestias á cidadanía.

Entre outros locais, a reunión versou sobre o ‘after’ As Palmeiras, situado na rúa Tui e que o consistorio xa manifestou a súa intención de pechar.

A alcaldesa, Lara Méndez, explicou que, no último rexistro realizado pola Policía Local, detectouse que había unha entreplanta que se utiliza como vivenda, á cal se accede a través do propio local de hostalaría, motivo polo cal se vai a enviar un informe a Disciplina Urbanística, dando traslado desta circunstancia, co obxectivo de tentar “pechar de maneira definitiva o establecemento, revogándolle a licenza”.

A rexedora informou de que se está traballando en completar todo o expediente para que este local, que é un dos que “máis preocupación e controversia” está a causar entre os residentes, cese a súa actividade de forma permanente, froito do compromiso que adquiriu Lara Méndez cos veciños da zona.

A rexedora sinalou que, nos últimos meses foron numerosas as inspeccións levadas a cabo no local. “Evidentemente, temos unha lexislación garantista, isto obriga a que o expediente estea reforzado, a que se faga un seguimento dos incumprimentos para poder chegar ao noso obxectivo, que é o cesamento da súa actividade”, apuntou.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

A Policía desmantela unha rede de estafas á Seguridade Social con nexos en Lugo

A Policía Nacional desmantelou unha armazón composta por 38 empresas implicadas nunha presunta fraude...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...