Home Lugo e contorna Lugo A Deputación de Lugo prevé que o aparcadoiro de Fogar de Santa María con 165 prazas empece as obras esta primavera

A Deputación de Lugo prevé que o aparcadoiro de Fogar de Santa María con 165 prazas empece as obras esta primavera

0
A Deputación de Lugo prevé que o aparcadoiro de Fogar de Santa María con 165 prazas empece as obras esta primavera
O Presidente e a Alcaldesa de Lugo presentan o proxecto do aparcadoiro do Fogar de Santa María / Deputación

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca presentou este martes, na chaira do Fogar de Santa María na capital de provincia, o proxecto co que creará 165 prazas de aparcadoiro gratis, cun investimento de medio millón de euros.

Segundo trasladou a institución provincial nun comunicado, este traballo atópase en fase de licitación e prevese que as obras arrincarán na primavera, cun prazo de execución de catro meses.

Tomé recalcou que con este traballo “multiplícase por catro a capacidade de estacionamento” deste recinto e que se fará “máis accesible, cómodo e humanizado” a contorna dos pavillóns de Santa María coa reordenación dos espazos, pavimentación ou axardinamento, entre outras actuacións.

+ posts