InicioSucesosRebaixan un ano a condena a un home que agrediu sexualmente a...

Rebaixan un ano a condena a un home que agrediu sexualmente a outro

Xa van 54 rebaixas de pena

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia de Lugo, en aplicación da Lei de só si é si, rebaixou nun ano a condena a 8 anos de prisión un home que agrediu sexualmente a outro que coñecera a través dunha aplicación de citas.

No auto, os maxistrados explican que, tendo en conta o criterio aplicado na sentenza, na que se lle impuxo un ano menos do comezo da metade superior, e tomando a nova regulación para o mesmo delito, “a metade superior comezaría en oito anos“, polo que entende que “a pena a impor debe quedar en sete anos de prisión“.

Por outra banda, a Audiencia Provincial de Lugo rexeitou, por non resultar máis favorable ao reo, a revisión dunha sentenza na que se condenou a 11 anos de cárcere ao autor dun delito continuado de agresión sexual, cun delito de violación de morada.

En concreto, o tribunal explica no auto que a petición do condenado “non pode ser admitida” porque no presente caso concorre o tipo agravado, por ser a agredida a súa parella, polo que o rango penológico iníciase nos 7 anos, ata os 15.

MÁIS DE 50 REBAIXAS DE CONDENAS

Desde a entrada en vigor da Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, as audiencias provinciais galegas e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revisaron e emitiron polo menos 110 decisións, tanto revisións de penas xa impostas como recursos.

Delas, polo menos 54 supuxeron unha rebaixa da pena dos delincuentes, mentres que no resto de ocasións, foi mantida a condena porque a Lei do ‘só si é si’ suporía que o xuízo se saldaría cunha pena igual ou maior que na que se puxo no seu momento, todo segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...