InicioSociedadeOs refachos de vento rozan o 137 km/h en Muras

Os refachos de vento rozan o 137 km/h en Muras

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alerta laranxa por vento que afecta este luns a todo o litoral galego xa está a deixar algúns valores extremos, que tamén afectan as zonas altas do interior. Así, o vento alcanzou valores de 136,9 quilómetros por hora no alto de O Xistral, en Muras (Lugo), que marca o máximo durante a mañá.

Ademais, xa na costa, os ventos sopraron de ata 121,6 quilómetros por hora en Viveiro. Tamén na provincia de Lugo, os valores alcanzaron os 120,2 quilómetros por hora na Pontenova, segundo a información das estacións de Meteogalicia.

En canto á choiva, os rexistros máis elevados atópanse no interior da provincia da Coruña, concretamente en Lousame (36,2 litros), Rois (35,6 litros) e Val do Dubra (27,8 litros).

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...