InicioPolíticaA Deputación de Lugo pide á Xunta que "atenda as reclamacións" e...

A Deputación de Lugo pide á Xunta que “atenda as reclamacións” e “mellore” a situación sanitaria

Os socialistas denuncian a "sobrecarga de pacientes, os responsables dunha PAC co cadro de persoal en mínimos ou os familiares de pacientes en listas de espera".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo esixe á Xunta que “atenda as reclamacións da sociedade galega” sobre as melloras necesarias na sanidade pública, como así o recolle unha moción aprobada este martes no pleno provincial cos votos do PSdeG, autor da proposta, e o apoio do BNG.

A portavoz socialista no goberno provincial e deputada de Réxime Interior, Pilar García Porto, lembrou que o pasado 12 de febreiro a sociedade galega saíu á rúa para manifestar o seu “malestar” coa situación da sanidade pública, unha “expresión de rexeitamento, descontento e de malestar social”.

García Porto expuxo que os facultativos con “sobrecarga de pacientes, os responsables dunha PAC co cadro de persoal en mínimos ou os familiares de pacientes en listas de espera non se xuntaron na Praza do Obradoiro para facer política”. “A manifestación foi un resumo das queixas que veñen rexistrando nos últimos anos por culpa das políticas de recortes e a mala xestión do PP”, indicou, segundo recolle un comunicado.

Doutra banda, a Deputación de Lugo aprobou, no seu pleno ordinario, cos votos a favor de PSOE e BNG, a incorporación de remanentes de tesouraría ao orzamento de 2023 do ente provincial, por importe de algo máis de 5 millóns de euros.

Esta cantidade, segundo explica a deputación, servirá para “reforzar” a cooperación cos concellos e co tecido asociativo da provincia, en palabras da deputada de Economía e Recadación, Mayra García Bermúdez, quen apuntou que se trata de “algo fundamental para o desenvolvemento do territorio”, porque se traduce na “mellora dos servizos que se ofrecen” aos veciños.

VOTACIÓN EN CONTRA

Pola súa banda, o portavoz do Grupo Popular, Javier Castiñeira, dirixiuse aos representantes do PSOE e BNG na Deputación para preguntarlles se están de acordo “con que se rebaixen as penas aos violadores e agresores sexuais polo efecto da aplicación da coñecida como Lei do só si é si”. “Esta bancada di non”, proclamou.

Os populares levaban a pleno unha moción pedindo ao Goberno a revisión da lei pola vía de urxencia para que quen cometese delitos sexuais puidese ter, canto antes, “as mesmas penas que estaban en vigor” ata o 22 de setembro.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...