InicioSucesosUn condutor choca contra unha casa en Lugo cando fuxía da Policía...

Un condutor choca contra unha casa en Lugo cando fuxía da Policía e dá positivo en drogas

Os axentes déranlle o alto ao detectar que o coche carecía do seguro obrigatorio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun vehículo chocou na noite do sábado contra unha vivenda deshabitada do barrio da Milagrosa, en Lugo, cando fuxía da Policía. Ademais, deu positivo no control de detección de drogas.

Ao parecer, os axentes déranlle o alto ao detectar que o coche carecía do seguro obrigatorio. Nese momento, o condutor saltouse o control e terminou chocando contra unha casa situada no cruzamento entre as rúas Camiño Verde, Dona Urraca e Mazaira.

O home, que conta con antecedentes, saíu ileso e deu positivo no test de detección de drogas. En concreto, en cocaína e haxix, aínda que non en alcol.

+ posts

ÚLTIMAS

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...