InicioSucesosAcepta dous anos de cárcere por descargar e compartir material pedófilo

Acepta dous anos de cárcere por descargar e compartir material pedófilo

No rexistro a policía interveu máis de 22.000 arquivos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Sarria aceptou dous anos de prisión e un de liberdade vixiada, posterior ao cumprimento de condena, por descargar e compartir material pedófilo.

Tal como recoñeceu o home, os feitos ocorreron en 2019 e, por eles, chegou a un acordo de conformidade na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo, que lle evita entrar en prisión ao decidirse tamén a suspensión da pena.

Todo isto despois de que a Fiscalía rebaixase de oito a dous anos a súa petición inicial. Segundo o Ministerio Público, no marco dunha investigación da Brigada Tecnolóxica da Comisaría xeral da Policía Nacional de Madrid, tívose coñecemento da existencia de varios arquivos que circulaban por Internet en diferentes direccións e que contiñan material de “contido pornográfico infantil”.

É por iso que se abría unha investigación na que se determinou que polo menos un usuario realizaba a procura, descarga e compartía arquivos de carácter pedófilo, no que “interviñan claramente menores de 16 anos”, a través dun IP asociada a unha liña telefónica domiciliada en Sarria.

Unha vez localizado o individuo en Sarria, a policía topouse con numerosas fotos e vídeos multimedia. En concreto, nas unidades intervidas en 2020, atopáronse cun total de 22.000 arquivos.

Finalmente, o home foi condenado este mércores a dous anos de prisión por un delito de corrupción de menores e a un ano de liberdade vixiada e posterior participación en programas formativos. Tamén se lle castiga con dous anos de inhabilitación para calquera traballo relacionado con menores.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...