InicioSucesosXulgado en Lugo por poñerlle un coitelo no pescozo a outro para...

Xulgado en Lugo por poñerlle un coitelo no pescozo a outro para que lle quitase unha denuncia por lesións

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo xulgará este mércores a un home que se enfronta a dous anos de cárcere por un delito de obstrución á xustiza, tras ameazar a outra persoa cun coitelo para que lle retirase unha denuncia anterior por lesións que xa xerara un proceso penal contra el.

Os feitos ocorreron o 14 de marzo de 2018. Sobre as 13,50 horas, segundo recolle o escrito de acusación de Fiscalía, o acusado –de nacionalidade dominicana e sen antecedentes– aproximouse á vítima na rúa Tui de Lugo e, tras colocarlle o obxecto punzante no pescozo, díxolle: “Ou me sacas a denuncia que me puxeches ou te mato”.

O Ministerio Público considera que estes feitos son constitutivos dun delito de obstrución á xustiza polo que solicita dous anos de cárcere e doce meses de multa, cunha cota de seis euros diarios. Con todo, Fiscalía sinala que o proceso estivo paralizado por causa non imputable ao acusado durante case ano e medio, entre o 27 de decembro de 2018 e o 20 de abril de 2020.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...