A concentración parcelaria de Moncelos, no municipio lucense de Abadín, reorganizará un total de 813 hectáreas. Este proceso decretado en setembro de 2022 beneficiará a 630 veciños e permitirá ampliar a base territorial de 29 explotacións da zona.
O conselleiro de Medio Rural, José González, desprazouse este venres ata a zona para informar os veciños desta parcelaria que contará con 2,5 millóns de euros de orzamento.
A parcelaria de Moncelos é unha das 28 concentracións decretadas pola Xunta desde 2021 e ata a actualidade, a última foi a de Escornabois, no municipio ourensán de Trasmiras, aprobada o pasado xoves no Consello da Xunta. En global, suporán reestruturar máis de 22.800 hectáreas distribuídas en case 110.000 parcelas de algo máis de 16.000 titulares.
Noutra orde de cousas, a Axencia Galega dá Industria Forestal, a través da Consellería de Medio Rural, convoca 9 millóns de euros en axudas para maquinaria destinada a actividade silvícola e o aproveitamento comercial da castaña e a resina. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres estas subvencións.