InicioSucesosConvocada unha manifestación contra a sentenza do caso de Baleira

Convocada unha manifestación contra a sentenza do caso de Baleira

"Todo o que se lle fixo a esa nena durante sete anos e onde todo o mundo mirou para outro sitio", lamentou a presidenta da Plataforma Feminista de Lugo, Ana Torrón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Feminista de Lugo convocou unha manifestación para o vindeiro xoves 2 de febreiro, a partir das 20,00 horas, ante a Audiencia Provincial de Lugo tras a sentenza de abusos sexuais en Baleira no que recolle o pacto alcanzado pola Fiscalía e os condenados por abusos sexuais continuados a unha menor cando tiña entre 7 e 13 anos.

O fallo xudicial transcendeu en días pasados e este luns deuse a coñecer, despois de que a Audiencia Provincial de Lugo asinase a sentenza. Nela, recóllese a redución de condena a tres anos de cárcere polo pacto entre o Ministerio Público e os acusados e alégase “dilacións” non imputables aos procesados, así como compensación á vítima, por pagarlle 50.000 euros de indemnización.

Os tres detidos son a irmá maior da vítima, que conseguiu convencer á irmá das relacións sexuais cando tiña 7 ou 8 anos co irmán do seu marido, é dicir, o irmán do cuñado da vítima. Tamén violou á menor o seu propio cuñado (marido da irmá da vítima), que a deixou embarazada (xa estivo embarazada por primeira vez con 11 anos) dun bebé ao que deu a luz con 13 anos e que tivo que dar en adopción.

A portavoz da plataforma, Ana Torrón, animou a toda “a cidadanía” de Lugo a “manifestarse para esixir que haxa cambios dunha vez no sistema xudicial”. “Non pode ser que os axentes xudiciais, avogados ou xuíces non teñan unha formación específica en materia de xénero”, protestou.

A activista lucense invocou a necesidade de que a xustiza “teña máis sensibilidade, que haxa medios para que poidan facer as cousas como hai que facelas neste tipo de situacións”. Segundo consta no fallo xudicial, a irmá da vítima “insistiu ata chegar a convencela” de que tivese relacións co seu cuñado.

“UNHA ANIMALADA”

Ana Torrón cualificou o feito como “unha animalada”. “Todo o que se lle fixo a esa nena durante sete anos e onde todo o mundo mirou para outro sitio”, lamentou. “É incrible que esa nena, coa cantidade de xente que tiña na casa, non se vise aos depredadores e o que estaba a pasar. Esa nena ía a un colexio, ía a actividades, tiña pediatra“, recriminou.

Tamén clamou contra as “dilacións indebidas”, que propiciaría o acordo de conformidade, de forma que o fiscal pasou de pedir 11 anos a tres. Ana Torrón constatou que no “87 por cento dos casos” de abusos a menores “sempre é un familiar; o pai, un irmán, un tío ou un cuñado”, debulla.

A feminista advertiu de que a esta menor de Baleira “roubáronlle a vida estes desgraciados, deixárona preñada, a un bebé chegárono a dar en adopción”. “A esta nena non hai nada no mundo que a resarza do que lle quitaron”, concluíu.

A Plataforma Feminista acudirá á manifestación do 2 de febreiro cunha pancarta onde se poderá ler ‘Contra a xustiza patriarcal’, fronte á Audiencia Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...