InicioLugo e contornaLugoAcordo entre Concello de Lugo e sector hostaleiro para manter as terrazas...

Acordo entre Concello de Lugo e sector hostaleiro para manter as terrazas actuais

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou que xa está a organizar coa Policía Local os operativos de vixilancia e control que se porán en marcha a partir de 1 de xaneiro para supervisar que se están acatando as delimitacións establecidas nas terrazas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acordou este venres a prerrogativa á hostalaría para manter as terrazas nos seus emprazamentos actuais. Esta medida terá carácter extraordinario e temporal.

Segundo sinalou o Concello nun comunicado, a nova Ordenanza municipal publicarase nos próximos días para dar oficialidade a esta decisión.

A rexedora sinalou que esta decisión é unha “prioridade”, xa que “garante a viabilidade dun sector crucial para o PIB local que sustenta as economías de numerosas familias da cidade”.

Deste xeito, Méndez avanzou que xa está a organizar coa Policía Local os operativos de vixilancia e control que se porán en marcha a partir de 1 de xaneiro para supervisar que se están acatando as delimitacións establecidas nas terrazas. “É indubidable que as tendencias do consumo no exterior dos locais viñeron para quedar”, explicou.

Así, insistiu en que a medida se manterá ata que entre en vigor a Ordenanza que regulará a configuración estética deste tipo de instalacións, “cuxo borrador está xa moi avanzado e ao que esperamos poder incorporar en breve ás suxestións e achegas que realice o sector”.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...