InicioEconomíaO Concello de Lugo ampliará nos vindeiros meses outros dous parques infantís

O Concello de Lugo ampliará nos vindeiros meses outros dous parques infantís

O goberno local prepara a ampliación dos parques infantís de Albeiros e Campo Castelo, mentres o BNG reclama instalar un novo na traseira do cuartel de San Fernando

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou este mércores a ampliación dos parques infantís da praza de Campo Castelo e de Albeiros. A intervención recorrerá a unha partida conxunta de 114.000 euros, recollida no Plan de Barrios. Os recintos actuais quedaron pequenos perante a afluencia de cativos e familiares

A alcaldesa Lara Méndez asegurou que a mellora dos parques infantís é “un dos piares dos Orzamentos 2018 e do noso modelo de cidade”. A rexedora socialista incidiu en que “ponse de manifesto a transcendencia de contar con un presuposto, porque nos permite investir na cidade” e así ampliar os espazos para uso público.

No caso de Campo Castelo, o proxecto consiste na creación dun novo parque infantil específico para nenos e nenas de ata 3 anos xunto ao actual espazo de xogos. Terá unhas dimensións de 5,3 por 10 metros, e incluirá diversos elementos de xogos infantís, como saltadores, balancín, un castelo con tobogán e unha casiña. O orzamento é de 25.000 euros.

En Albeiros, ampliarase a zona de xogos existente, tanto na parte para nenos de 0 a 3, como na destinada aos de meirande idade. Incluiranse xogos como un circuíto de habilidades, columpios, carrusel xiratorio inclusivo, casiña de xogos con paneis didácticos, entre outros. Neste caso, procederase a maiores á mellora  do espazo de lecer existente, coa reparación do pavimento e do céspede artificial, a colocación dunha valla de madeira e o acondicionamento e repintado dos propios xogos. A obra ascende a 89.000 euros.

A xunta de goberno aprobou xa a licitación dámbolos proxectos, cun prazo de execución de 30 días o de Campo Castelo e de 60 o de Albeiros unha vez adxudicados, polo que estarán listos previsiblemente entre finais de este ano e principios do que vén.

Asemade, o Concello ten en marcha outras dúas iniciativas vencelladas tamén con parques infantís. Están en proceso de licitación a creación dun novo parque na Praza de Bretaña cun investimento de 88.000 euros, e a mellora do situado na rúa Poeta Aquilino Iglesias Alvariño, dotado con 58.000 euros. 

O Cuartel de San Fernando

“Coincidimos na necesidade de ampliar o parque infantil de Campo Castelo, pero o centro preciso de máis espazos para nenas e nenos” comentou este mércores o voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Rubén Arroxo. O representante da formación lembrou que “esta ampliación e mellora da zona infantil do Campo Castelo xa fora proposta polo BNG en numerosas ocasións”.

Para o BNG, a instalación dunha zona de xogo infantil na nova praza da traseira de San Fernando “é totalmente asumible polo concello” xa que “trátase dunha inversión pequena que melloraría e humanizaría máis esta zona da cidade”. En xullo de 2016 aprobouse por unanimidade unha iniciativa do BNG para a instalación dun parque infantil no centro da cidade, polo que animan a ir “asumindo poucos costes, converter esta nova praza en zona de tráfico calmado con autorización de entrada unicamente para residentes”.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

A Deputación de Lugo vende cinco parcelas en dous polígonos industriais da provincia

Cinco novas parcelas industriais foron adquiridas nos polígonos de Paradela e Begonte nunha operación...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...