InicioSociedadeLugo quere que neste Samaín os nenos elixan "sen estereotipos machistas" os...

Lugo quere que neste Samaín os nenos elixan “sen estereotipos machistas” os seus disfraces

Impulsou unha campaña con recomendacións para a cidadanía que ten como obxectivo de "desenmascarar o machismo desde a infancia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo impulsou unha campaña con recomendacións para a cidadanía que ten como obxectivo de “vivir a celebración do Samaín libre de roles e estereotipos machistas” e “desenmascarar o machismo desde a infancia”.

A Concellería de Muller e Igualdade foi, do mesmo xeito que en Entroido, a encargada desta iniciativa que pon o foco na responsabilidade das familias á hora de compras os disfraces e que ten como obxectivo concienciar sobre que os disfraces poden ser utilizados indistintamente polas nenas e os nenos.

A campaña conta cunha serie de recomendacións como descartar disfraces que “supoñan unha hipersexualización” e elixir disfraces que “estimulen a imaxinación e desenvolvan a súa creatividade”. Ademais, recalcan que “o mellor disfrace é o que se fabrica coas mans”.

Así mesmo, o goberno local remitirá aos colexios do municipio estas recomendacións para que as distribúan entre o alumnado. Ademais contactarán con asociacións de nais e pais e difundirán as recomendacións a través das redes sociais e no programa municipal ‘Aprende Xogando’.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...