Home Lugo e contorna Lugo Unha saída de vía deixa un persoa ferida en Meira

Unha saída de vía deixa un persoa ferida en Meira

0
Unha saída de vía deixa un persoa ferida en Meira
Imaxe de arquivo dunha unidade medicalizada do 061 | Sergas

Unha persoa tivo que ser trasladada ao resultar ferida nunha saída de vida ocorrida no municipio lucense de Meira. Os primeiros en dar a voz de alarma, sobre as 13,00 horas, foron os operarios do servizo de mantemento da estrada que se achegaron a auxiliar á vítima, que non respondía os seus estímulos.

Así, chamaron ao 112 para avisar deste sinistro ocorrido no punto quilométrico 5 da LU-751. Seguidamente, a central de emerxencias puxo en marcha un operativo conformado polo 061, os bombeiros de Vilalba, o GES da Pontenova, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Nun primeiro momento, o persoal dos servizos sanitarios apuntaron a necesidade de ter que excarcerar á vítima, aínda que finalmente os efectivos puideron retirala quitando un dos asentos do coche.

O ferido, único ocupante do turismo, foi trasladado ao centro hospitalario de referencia a bordo dunha ambulancia.

+ posts