InicioMedioambiente e PatrimonioUnha escavación sacará á luz parte da muralla do Castro de Santa...

Unha escavación sacará á luz parte da muralla do Castro de Santa María en Cervantes

Estes traballos suporán "mellorar o coñecemento, conservación e posta en valor deste singular xacemento".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades está a executar unha actuación arqueolóxica para sacar á luz parte da muralla do Castro de Santa María, no municipio de Cervantes.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acudiu este venres á zona para comprobar a evolución dos traballos que, explicou, suporán “mellorar o coñecemento, conservación e posta en valor deste singular xacemento”.

A intervención conta cun orzamento de 17.800 euros e céntrase na escavación dun tramo de 60 metros cadrados do sector este da muralla que delimita o castro, co fin de coñecer as súas características estruturais. Tamén se procederá á consolidación puntual das estruturas arqueolóxicas escavadas nos anos 90 do pasado século.

Previamente, realizáronse tarefas de limpeza manual de muros, pavimentos e outros elementos, así como unha roza na zona este, que consistiu fundamentalmente en eliminar as especies de monte baixo (helechos, toxos…) da superficie de actuación.

Está previsto que o traballo de campo final nos próximos días, e que no mes de decembro estea lista a memoria técnica que documentará os achados e avances realizados.

CARACTERÍSTICAS

O xacemento, situado na parroquia de Santa María do Castro, corresponde a un poboado mineiro datado nos séculos I-II da nosa era. O conxunto está integrado, ademais, polos restos de explotacións mineiras na súa contorna inmediata e por unha igrexa e unha necrópole que se remonta cando menos ao século XIV.

Os estudos realizados revelaron numerosos datos sobre o período de transición das culturas prerromanas ao mundo romano, que explotaba os xacementos auríferos do río Navia e os seus afluentes. As minas son mostra dunha interesante talla de explotación ao descuberto de considerables dimensións, para aproveitar o mineral aurífero primario, asociado a mineralizaciones de ferro.

O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en novembro do ano 2019. Desde entón, a Consellería de Cultura investiu preto de 34.000 euros na súa investigación e mantemento.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación e a FEGAMP alertan da “presión” da Xunta sobre os concellos coa nova lei local

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, recibiu este martes ao Presidente da...

A Deputación entrega 50 parcelas como hortos urbanos xunto ao río Rato

  O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, e o Concelleiro de Movementos Migratorios...

O alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: “Seguimos traballando”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quitou relevancia este martes á situación na que...

O PPdeG sobre a reclamación do BNG á Xunta do memorando de Altri: “Estiran o chicle por interese”

O Grupo Popular tombou unha moción do BNG que reclamaba, entre outras cousas, instar...