InicioSucesosO incendio nunha nave de transportes en Rábade afectou a parte da...

O incendio nunha nave de transportes en Rábade afectou a parte da mercadoría

Descoñecían a orixe do incendio, pero ao abrir as portas do local, dedicado ao sector dos transportes, saía unha importante cantidade de fume de cor negra e confirmaban, desde os instantes iniciais, que non había persoas feridas as chamas nin intoxicadas polo fume.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Bombeiros de Vilalba extinguiron un incendio nunha nave de transportes situada en Rábade que, aínda que afectou a parte da mercadoría almacenada, non deixou danos persoais.

Segundo traslada o 112 Galicia, pouco antes das 15,00 horas recibiu a chamada dun particular que alertaba dun incendio nunha das naves situadas no polígono industrial de Rábade.

Descoñecían a orixe do incendio, pero ao abrir as portas do local, dedicado ao sector dos transportes, saía unha importante cantidade de fume de cor negra e confirmaban, desde os instantes iniciais, que non había persoas feridas as chamas nin intoxicadas polo fume.

O 112 coordinou a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil. Así pois, a actuación dos servizos de extinción conseguiu limitar os danos e impediu a propagación das chamas, que finalmente afectaron a un estante no que se almacenaba material de caucho, que ardeu por completo. Os bombeiros deron por finalizada a súa intervención no punto ás 16,00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...