InicioSociedadeOs xulgados penais de Lugo manterán o seu reforzo polo menos ata...

Os xulgados penais de Lugo manterán o seu reforzo polo menos ata final de ano

Un informe do servizo de inspección do CGPJ reflicte a situación dos xulgados do penal de Lugo e son precisamente os datos de pendencia os que fan necesaria a medida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A comisión permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ)aprobou a renovación do reforzo dos xogados penais de Lugo, polo menos ata o 31 de decembro deste ano.

Deste xeito, a titular do xulgado de primeira instancia e instrución número 2 de Viveiro asumirá a celebración dun mínimo de 25 xuízos ao mes en cada xulgado (o 1 e o 2 do penal de Lugo), o que significa un total de 50 sentenzas mensuais ou 150 ao trimestre.

E é que a medida consiste nunha comisión de servizo, con relevación de funcións a favor desta xuíza, e foi tomada a petición da sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Segundo informa o CGJP nun comunicado, a xuíza de Viveiro encargarase das executorias que se deriven das resolucións que dite e de dous números de executorias que se lle asignen en cada xulgado.

Un informe do servizo de inspección do CGPJ reflicte a situación dos xulgados do penal de Lugo e son precisamente os datos de pendencia os que fan necesaria a medida.

Así, en 2021 a entrada de asuntos no Xulgado do Penal número 1 superou o módulo fixado polo CGPJ –400 casos ao ano– ao alcanzar o 137% e no primeiro trimestre do 2022 situouse nun 106%. No Xulgado do Penal número 2 a entrada de asuntos alcanzou o 142%, e no primeiro trimestre de 2022, o 135%.

Ademais, a dedicación do Xulgado do Penal número 1 de Lugo alcanzou o 124% en 2021 e no primeiro trimestre deste 2022 foi do 188%. O tempo de resposta, a 31 de marzo, era de media, 12,49 meses, superior á dos órganos de igual clase da provincia, comunidade autónoma e do Estado.

No que se refire ao Xulgado do Penal número 2 de Lugo, a dedicación en 2021 foi de 122% e mantívose no primeiro trimestre deste 2022. Con todo, o tempo de resposta deste órgano a 31 de marzo de 2022 situouse en 11,29 meses.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...