InicioSucesosDesarticulada unha banda que roubaba o cobre da iluminación pública de Vilalba...

Desarticulada unha banda que roubaba o cobre da iluminación pública de Vilalba e Guitiriz

Tamén roubaron o gasóleo de varios camións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a tres veciños de Ferrol, como presuntos autores de nove delitos de roubo con forza de cable de cobre, así como do furto de gasoil, cometidos na provincia de Lugo.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse o ano pasado ao terse coñecemento de varios roubos nas localidades de Vilalba e Guitiriz, onde os ladróns subtraeron cableado da iluminación pública en diversas rúas.

No marco deste operativo, a Garda Civil tamén constatou que os supostos autores deses roubos estaban detrás da subtracción de gasoil dos depósitos de combustible de camións estacionados no polígono Sete Pontes de Vilalba. Os sospeitosos foron identificados e detidos, e pasaron a disposición xudicial do xulgado de instrución número 2 de Vilalba (Lugo).

ROUBO DUN COMPUTADOR

Por outra banda, a Garda Civil tamén investiga a un veciño de Santiago de Compostela, de 30 anos de idade, como presunto autor dun roubo no interior dun turismo estacionado na localidade lucense de Trabada.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...