InicioPolíticaElena Candia non quere que haxa okupas en Lugo se chega á...

Elena Candia non quere que haxa okupas en Lugo se chega á alcaldía

A candidata do PP trasladou aos veciños do barrio lucense de Albeiros que se goberna creará "unha oficina antiokupación para informar e asesorar aos afectados".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata do PP á alcaldía de Lugo, Elena Candia, trasladou aos veciños do barrio lucense de Albeiros que se chega á alcaldía local creará “unha oficina antiokupación para informar e asesorar aos afectados”.

Nunha reunión cunha representación dos veciños do barrio, Candia asegurou que porá “todos os medios” para actuar “canto antes” ante calquera okupación.

A popular indicou que ante “un PSOE que ata onte mesmo estaba de brazos cruzados e daba carta branca aos okupas acusando ao PP de Lugo de alarmista”, os populares lucenses mantiveron “unha postura clara en defensa da propiedade privada”.

Así mesmo, Candia tamén fixo referencia ás diferentes iniciativas que o PP presentou en “diferentes institucións do ámbito local, autonómico e estatal” co obxectivo de propor “medidas a favor da convivencia veciñal”.

A candidata á alcaldía de Lugo, asegurou que a cidade “leva anos padecendo okupacións de vivendas de maneira ilegal” e, continuou, “hai barrios nos que existe xa un problema de convivencia veciñal”. Por iso, afirmou que hai unha preocupación que “crece entre a cidadanía”. Unha cuestión que, engadiu, están a observar nas visitas que realizan aos barrios.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...