InicioSociedadeJosé Tomé convida aos populares a que elaboren a súa propia proposta...

José Tomé convida aos populares a que elaboren a súa propia proposta orzamentaria

O presidente da Deputación de Lugo considera que o Partido Popular de Lugo "busca a foto" coa súa oferta ao goberno provincial do PSOE a participar na elaboración dos orzamentos do próximo ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, considera que o Partido Popular de Lugo “busca a foto” coa súa oferta ao goberno provincial do PSOE a participar na elaboración dos orzamentos do próximo ano.

“Se o PP fose en serio, presentaría un proxecto de orzamento propio ou propostas concretas, algo que nunca fixo”, sinalou o mandatario provincial e alcalde de Monforte, que remitiu un escrito ao portavoz do PP, Jorge Castiñeira, no que convida aos populares a elaborar a súa propia proposta orzamentaria.

“O portavoz do Partido Popular está a buscar a foto, pero a verdade é que de traballo pola provincia, cero”, engade Tomei, que insta a Castiñeira a “traballar e tentar facer algo produtivo pola provincia, máis aló dos pousados que o único que perseguen é buscar uns ocos nos medios”.

Por outra banda, a Deputación de Lugo informou da captación de 1 millón de euros de fondos europeos para investir nos 29 concellos da provincia que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

Con estes fondos, o organismo provicial financiará 27 medidas “para impulsar o desenvolvemento social e económico sustentable destes territorios”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...