InicioLugo e contornaLugoO PP acusa ao Concello de Lugo de ser "incapaz" de xestionar...

O PP acusa ao Concello de Lugo de ser “incapaz” de xestionar o auditorio de Magoi

Subliña que segue pechado dous anos despois da súa recepción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os populares de Lugo denuncian que, dous anos e dous meses despois da súa recepción, o auditorio de Magoi segue sen abrir as súas portas e acusan o bipartito local –PSdeG e BNG– de querer “enredar” como tapadeira da “súa incapacidade á hora de xestionar a infraestrutura”.

O Partido Popular reclama saber se os técnicos do Concello xa se reuniron co gabinete externo de arquitectos que contratou a alcaldesa “con diñeiro público para reformar ao seu antollo o exterior do Auditorio de Magoi e para liquidar as deficiencias detectadas no inmoble”.

Os populares aseguran que, a principios de xullo, o executivo local prometeron axilizar contactos, pero lamentan que “a día de hoxe o tempo pasa e nada se sabe de como se van a solucionar os peros que puxeron os propios técnicos municipais á nova proposta de alcaldía”.

O concelleiro popular Óscar Poy lembra que as obras a levar a cabo no edificio público “son case todas no exterior, o que evidencia unha falta de mantemento por parte dos seus responsables”. Ademais, critica que unhas obras que deberían custar 300.000 euros terán agora un custo próximo ao millón.

O PP lembra que “se está falando de que o 70% da intervención é obra nova no exterior, por tanto, o máis responsable debería ser facer unha chamada ao estudo Paredes-Pedrosa, que foi quen deseñou o proxecto”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...