InicioEconomíaO Concello volve a licitar o ascensor do Sagrado Corazón

O Concello volve a licitar o ascensor do Sagrado Corazón

Para sacar novamente adiante a infraestrutura, que entraría en servizo en 2019, o goberno de Lara Méndez tivo que obter a cesión da parcela e volver a licitar o proxecto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno do Concello de Lugo licitará este mércores o proxecto para o ascensor do Sagrado Corazón. A infraestrutura, ideada en 2012, fora licitada en 2014 pero a adxudicataria das obras renunciou ao contrato. Para reiniciar o proceso, o executivo que dirixe Lara Méndez tivo que solventar a cuestión da titularidade da parcela, obtendo en xullo deste ano a cesión da parte correspondente a Abanca. A obra consigna 252.000 euros reservados nos Orzamentos de 2018.

Como transmitiu a alcaldesa á veciñanza do barrio, o prazo de execución será de catro meses, polo que o ascensor debería entrar en servizo a comezos de 2019. A estrutura quedará instalada á beira da escalinata da Avenida Adolfo Suárez, que salva 6,75 metros ata a igrexa; secasí, a intervención que plantexa o Concello abrangue 11 metros de desnivel a través dunha plataforma.

Situación actual da escalinata do Sagrado Corazón | PP
Situación actual da escalinata do Sagrado Corazón | PP

O ascensor constará por tanto de tres paradas: a rúa inferior, a praza da igrexa e a cota superior, que enlazará co soportal a carón do CEIP Sagrado Corazón. O segundo nivel contará cunha plataforma de 5 metros, mentres que a do terceiro acadará os 16 metros. A instalación construirase cun formato panorámico.

A actuación contempla o traslado da parada de bus urbano –na actualidade na rotonda entre a avenida e Serra de Meira– canda o ascensor, instalando mobiliario urbano, con bancos e marquesiña. Complementarase coa construcción dun treito de muro e outra escada que salvará o baleiro na saída do colexio. Así mesmo, habilitarase un sendeiro peonil adaptado, o aparcadoiro quedará limitado na zona máis transitada, haberá nova iluminación e novos acabados para o soportal e a medianeira.

En total, a intervención abrangue 320 metros cadrados. O segundo ascensor proxectado en Lugo abrangue unha área pequena, explican no Concello, pero con gran influencia na mobilidade e o acabado físico da contorna. Dará servizo a 816 habitantes do Sagrado Corazón, caracterizado pola presenza de persoas de avanzada idade, conectando o centro de saúde, o colexio e o centro de convivencia.

De xeito paralelo, o goberno local iniciará o aglomerado do acceso á igrexa, e rematará a pavimentación das rúas Fonmiñá e Piñeiral, cun orzamento conxunto de 117.000 euros para estas actuacións.

ÚLTIMAS

Besteiro reclama “máis forza municipalista” no congreso de proclamación de Tomé como secretario do PSOE en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este sábado secretario provincial do PSOE no...

Miguel Fernández reclama un “maior compromiso” da Xunta nos proxectos de valor estratéxico para a cidade

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, reclamou un "maior compromiso" por parte da Xunta naqueles proxectos que...

Xulgan a dous homes que se agrediron mutuamente por un cabalo que entrou na propiedade dun deles en Xermade

A Audiencia Provincial de Lugo acolle o vindeiro martes, día 13, o xuízo contra dous homes...

Lugo acollerá a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas en 2026

Lugo acollerá en 2026 a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH),...